Your search
Results 2 resources
-
Este artigo forma parte dun traballo de investigación máis amplo que intenta afondar na historia do Grupo de Comunicación Poética Rompente facendo unha crónica do grupo, así como unha recompilación de todos os textos que Rompente publicou ou que ficaron inéditos ou esquecidos pola crítica. Aquí faise unha aproximación a unha das actividades de Rompente: a performance. Destácase esta modalidade artística, tanto pola relevancia que tivo no momento como tamén pola repercusión que ía ter este xeito de interpretar a arte de modo interdisciplinario (poesía, música e pintura) na creación artística galega de finais do século XX. Téntase facer do mesmo xeito unha pequena reflexión sobre o concepto performance. In this article I will discuss one of the activities of the Grupo de Comunicación Poética Rompente: performance. This artistic form is emphasised for the relevance it had at a given period and for the repercussions that this form of interpreting art by interdisciplinary means (poetry, music, and painting) had on Galician artistic creation at the end of the twentieth century. In the same manner, I will try to offer some new considerations on the concept of performance.
-
En 1990, Llorenç Barber explicaba nun programa de televisión, Sitio Distinto, como todos os seres humanos levamos un campanario na nosa memoria. O conxunto de badaladas que se produce no noso sistema neuronal e social fai que a vida teña sentido, que teña musicalidade. Porén, o conxunto de badaladas poden derivar nun ruído que deriva en confusión. Isto mesmo é extensible na hora de realizar exercicios memorísticos. Ás veces é o ruído o que non nos permite chegar a un produto que non figura no canon ou tamén nos imposibilita a manexar coa maior autonomía conceptos, ideas ou textos dende os postulados que os orixinan. Isto último é o que pretendemos acometer neste artigo. Escollemos facer memoria dun pasado moi próximo, pero á vez moi afastado por descoñecemento. Para tal finalidade, focalizamos un produto pluridisciplinario: o programa Sitio Distinto, dirixido por Antón Reixa e emitido pola Televisión de Galicia (TVG) en 1990. Con el, contemplamos atinxir dous obxectivos. O primeiro é o de describir e dar a coñecer un produto cultural que define un habitus (Bourdieu, 1992) que se desenvolveu na praxe artística do campo entre a Transición política do franquismo á democracia e o seu asentamento nos anos oitenta.
Explore
Focus
- Performance Centred
- Aesthetic (2)
- Cultural-Semiotic (2)
- Interartistic (2)
- Empirical/Systematic (1)
- Historical (1)
- Literary (1)
- Media Studies (1)
- Sociological (1)
- Subaltern Studies (1)
Geocultural Space
-
Europe
(2)
- Atlantic Europe (2)
Period
- 1946-1989 (2)
- 1990-present (2)
Interartistic Relations
- Improvisation and Happenings (2)
- Music (2)
- Performance (2)
- Staging Arts (2)
- Videos (2)
- Graphic Art (1)
- Painting (1)
Repertoires
- Agitprop Poetics (2)
- Identitarian Poetics (2)
- Ludic Poetics (2)
- Neo-avant-guard Poetics (2)
- Poetics of Performance (2)
- Satirical Poetics (2)
- Social Poetics (2)
- Metapoetry (1)
- Neo-epic Poetics (1)
- Poetics of Staging (1)
Resource type
- Book Section (1)
- Journal Article (1)
Publication year
-
Between 2000 and 2026
(2)
-
Between 2000 and 2009
(1)
- 2004 (1)
-
Between 2010 and 2019
(1)
- 2015 (1)
-
Between 2000 and 2009
(1)